Cómo vai?

Chegas a un novo Retrato Sonoro no que, normalmente, o idioma vehicular é o castelán. Agora mudamos ao galego, pero non vai ser un descarte o uso do castelán, vai ser un recurso ao que acudir, cada vez que teñamos alguén que teña algo que contar interesante e que use de maneira habitual esa lingua.

Nesta nova etapa, a min, Fidel Mouzo, acompáñame Emmanuel Vázquez, creador de contidos noutros podcasts como Intro ou Desde Boxes.

A mecánica do podcast será a mesma, arrincamos cunha imaxe que nos permite fiar unha conversa sobre etnografía, sobre cultura, sobre persoas…

O último Retrato Sonoro foi con Teresa Ramiro, a poeta e mariscadora da ría do Burgo que encheu de versos e salitre o noso podcast, e tal parece, que deixou ese amor polo mar inserido en nós e Emmanuel e mais eu, pensamos que era boa idea continuar ese camiño facendo aportacións con persoas do mundo do mar,

Polo tanto chegamos a Segundo Blanco Hermida, patrón de barco que ancora no concello de Noia, un deses lugares de mar e ría por antonomasia.

Segundo Blanco Hermida
Fonte da fotografía

Habería outras moitas cousas que tratar da conversa con Segundo, pero deixarémolo para outra canle, que vos avanzamos no audio e do que teredes novas próximamente.

Quedade xa con Segundo e desfrutade dunha conversa interesante sobre a situación da pesca artesanal e das experiencias propias deste home de mar. Como tantas persoas do noso país que adican as súas vidas, as súas profesións a surtir de peixe e mariscos as nosas peixerías e mercados.

Agradecementos á Taberna O Lelé pola cesión do espazo para a gravación.

Deja una respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.