Skip to content

“Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño. Episodio 6

O que escoitarás neste Episodio 6 van ser as vivencias de quen loitou polas cousas do seu lugariño, da súa aldea, do seu pobo sendo un, mal chamado, alcalde pedáneo.

Un cargo, o de alcalde pedáneo, que había que asumir con certa obriga e pouca opción a decir que non, e que Martín, colleu con 32 anos; e loitou, él e todos os alcaldes que ocuparon o seu posto, por conseguir que un lugar que nada tiña, acadase cousas imprescindibles hoxe en día: carretera de aceso, luz, escola, televisión…

Tamén sucedéronlle no seu “mandato” acontecementos moi tristes aos que ninguén que exerce unha responsabilidade deste tipo quere que lle ocorra… aínda que él non tivese ningunha responsabilidade no suceso, nin por acción nin omisión. Ao contrario.

Recorda que “Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño é un serial de Retrato Sonoro en Sons Podcast. Que os vídeos cortos que podes ver nas redes son escollidos e editados por Emmanuel Vázquez. Que as voces que escoitas son a miña, Fidel Mouzo, e a importante de veras, a de Martín Gordo Mostaza, home centenario do lugar da Teixeira, en Hermisende, provincia de Zamora. Que o podcast é editado por Jordi Mirindo. E a voz da presentación e métodos de contacto son os de Lorena.

Hoxe, adxuntamos un vídeo da Junta de Montes vecinal La Tejera que grabaron este verán de 2022 cando o lugar homenaxeaba a Martín e Loli, duas persoas centenarias. Moi emotivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *