Volta Retrato Sonoro con este spinoff, esta especie de nota ao pé na que tentamos de aportar información e conversa de valor ao escoitado no podcast Retrato Sonoro.
Este Plano Sonoro trata de que Emmanuel e Fidel traian a convidados a conversar sobre o escoitado nalgún dos podcást que vos presentamos. Desta volta o convidado é Alberto Llano Fontela, bibliotecario en Teo e que escoitou con moita atención todo o serial que fixemos con Martín Gordo Mostaza en “Verás, verás, que te vou a cuntar”.
Faremos un repaso moi xeral do escoitado, cales foron as cousas que máis nos chamaron a atención e as sensacións que nos provocou a escoita dun home centenario como Martiño.
Igual, tes que escoitar o audio para saber se o Ti Martín fixo algún saúdo para todas e todos os que escoitaches os audios con él.
Entra, escoita a Alberto, a Emmanuel e a Fidel falar das cousas de Martiño.
Podcast: Reproducir en una nueva ventana | Descargar