Skip to content

Volta Retrato Sonoro cunha conversa moi especial.

Fidel ten a facilidade de atopar xente interesante coa que falar na súa contorna. O seu pai (Antonio) é dunha aldea, Vilarmide, nunha parroquia chamada Coucieiro (Muxía), e ten a sorte de que un veciño do lugar de Santa Mariña, Manuel, compañeiro de escola unitaria é hoxe o director do Museo do Pobo Galego.

O protagonista deste podcast, que se divide nun tríptico sonoro como escoitaredes decir a Emmanuel, é Manuel Vilar Álvarez.

Teredes que desculpar por facermos nosa unha frase que dí o propio Manuel cando aludimos ao Son de aldea. Pero é que xa levamos un tempo no que hai que facer valer esa procedencia que temos todos os galegos e galegas do propiamente rural, un rural ao que non fai moito tempo se facía de menos.

Manuel é un rapaz de aldea que xa conta con 67 anos e que neste primeiro episodio fala de xogos case que extintos, as diferencias ou posibilidades que tiña nacer nunha aldea, fillo de panadeiros, o que significa a “casa” neste contexto, de curacións de verrugas de xeitos un tanto peculiares, de alcumes, de onde lle surxiron as inquedanzas que, tras unha longa traxectoria o levaron ao Museo…

E xa non contamos máis que logo vos deixamos sen audio. Ide a él.

Este podcast faise grazas á edición de Jordi, escoitaredes as voces de Emmanuel e Fidel e ao final, nos métodos de contacto a Lorena; e que os anacos de vídeos que dan difusión a este podcast en redes sociais son traballo exclusivo de Emmanuel.

Grazas a Sons Podcasts por ceder un recuncho do seu espazo para estas ocorrencias en audio.