Finalizamos, pechamos como bautizou Emmanuel, o tríptico en audio de Retrato Sonoro con Manuel Vilar Álvarez con este “Somos galegos” que fará o definitivo deste serial co director do Museo do Pobo Galego.
Neste intre voltamos a cousas máis persoais e directamente relacionadas coa nosa forma de ser en Galicia, desas cousas que nos fan únicas e únicos. Uns breves comentarios sobre a nosa relixiosidade (aínda que non sexamos practicantes), a nosa relación coa morte, coas verbenas, co Camiño de Santiago, en definitiva e sobre todas as cousas: coa nosa xente.
Temos que agradecer desde aquí toda a amabilidade que nos prestou Manuel a Fidel e Emmanuel para a realización desta conversa na casa do Museo, a través da súa persoa pero tamén como representante de todas aquelas que traballan arreo para facer que unha institución como o Museo do Pobo Galego teña tantas visitas e realice a tan necesaria tarefa de crear memoria de Galiza. Agardamos que teñan sorte no futuro e que consigan os fondos e os perfís profesionais necesarios para ir pouco a pouco mellorando todo o que ten xa de positivo para a nosa comunidade o Museo.
Nos desde aquí vos convidamos a facervos persoas asociadas ao Museo, como comprobaredes non é gran cousa (sabemos que aínda así é un esforzo) pero que se pensades o que podedes facer pola entidade resultará moi satisfactorio. Preme nesta ligazón para saber o custo e que vantaxes ten asociarte.
Como sempre chega nesta entrada o momento de agradecer a Sons o espazo que nos deixa na súa plataforma de podcasts. A Jordi pola edición, a Emmanuel, ademáisde participar da presentación e conversas coas persoas protagonistas, na edición dos clips de vídeo que selecciona, e a Lorena por nos prestar a súa voz para os métodos de contacto e redes sociais.
Ata o vindeiro Retrato Sonoro.
Podcast: Reproducir en una nueva ventana | Descargar