Skip to content

Escoita máis aos vellos ignorantes do lugar, e non tanto ao Libro Gordo de Petete

Novo Retrato Sonoro na serie “Da cepa á bodega con Jorge Marcote e Quin Álvarez” neste episodio 2.

Na fotografía podedes ver algo do que falamos no primeiro episodio “Quin do Américo”, é o noso protagonista onde máis lle gusta estar, traballando na viña.

Xa sabedes que andamos sempre á busca de títulos que sexan o mais descriptivos que podemos, para que vos fagades unha leve idea do que atopades nestes audios. Desta volta consideramos que “Escoita máis aos vellos ignorantes do lugar, e non tanto ao Libro Gordo de Petete” pódevos resultar un tanto longo, pero capta a esencia do que escoitarás no episodio que achegamos hoxe. Sobre todo na última parte do audio porque trátase de escoitar e aprender de quen traballou toda a vida a terra que coñece ben e ás veces o texto dos libros é un tanto estático e non evoluciona como debería, sobre todo no agro. Obviamente, non se trata dunha alegación á non formación como podes imaxinar…

Imos falar de cambio climático, de pestes (bacterias, insectos, fungos…) e a súa influencia sobre o agro e a uva. E tamén sobre o dano que a propia industria agraria lle ten feito á riqueza da propia terra. O noso Quin ten moito que contar sobre isto, sobre o modelo económico mundial e respaldado coas opinións de Jorge Marcote. A producción ecolóxica, sobre o papel, ten que ser, pero hai dificultades.

Cómo se posicionan as marcas en certas bebidas? É sinxelo posicionar por exemplo unha xenebra que salga nova? Tamén escoitarás falar sobre o que hai detrás das catas profesionais. A opinión de Jorge e Quin é moi interesante. Hai postureo? Igual vos sorprende a resposta deles sobre da idea que podedes ter formada. Cómo enfocan noutros países o turismo vitícola.

Faremos un repaso ao compoñente social do viño, a cómo axuda a nos relacionar cos demáis. Cómo hai zonas onde a xuventude ten unha cultura vinícola ou o poder da cervexa sobre todo en Galicia… Hai mil anécdotas na vida de Quin pero falando do consumo do viño fala sobre as sopas de viño da súa infancia e as repercusións na rapazada que as tomaba cando non tiñan outra cousa… Divagaremos sobre esta relación social co viño, incluso sobre onde é mellor bebelo! Somos así.

Observaredes tamén como segundo vai falando connosco Quin ten mil ideas de novos proxectos na súa cabeza para facer viños de calidade… qué iniciativa.

Este podcast está presentado e producido por Emmanuel e Fidel. A edición final é de Jordi e a voz dos métodos de contacto son de Lorena.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *