Benvidas, benvidos a un novo episodio de «Retrato Sonoro» co seu apartado vinculado á cultura vitivinícola que chamamos “Da cepa á bodega” e que propicia Jorge Marcote.
Neste podcast, imos mergullarnos no apaixonante mundo do viño, pero tamén nas vidas e traxectorias dos nosos convidados. Para este capítulo, temos a Javier Monsalve. Como Jorge Marcote, é creador de viños de autor, un termo que nos podcast que temos preparados, darédevos conta de que non gusta moito. Ten unha bodega en Arnoia, na comarca do Ribeiro, en Villa Paz (a casa dos seus antergos), denominada Adega Eloi Lorenzo, con diferentes viños, pero non contarei máis para que vaiades descubrindo sós. A Javier ides descubrilo como persoa e personaxe, no mellor sentido da palabra.
Sabemos que xa coñecedes a Jorge Marcote, que ata agora foi o noso cicerone particular neste mundo do viño. Tocamos algúns aspectos da súa vida nas entrevistas con Quin Álvarez e Esther Teijeiro, pero neste episodio imos deternos máis en profundidade con él. Este podcast tamén se convertirá un pouco no Retrato Sonoro de Jorge, porque cos seus viños Gea e no seu traballo en Bodegas Pentecostés, ten moito que contar. A historia de Javier Monsalve e Villa Paz, Bodega Eloi Lorenzo tamén será a de Jorge Marcote, viticultor, viños Gea.
Imos comezar co noso formato clásico, onde cada participante (Javier e Jorge) elixe unha foto e nos contará a historia detrás dela.
Unha pequena aclaración: aínda que o noso idioma habitual é o galego, nesta ocasión deixaremos que Jorge e Javier falen en castelán, para que se sintan coma na casa.
Un apunte do que imos tratar: logo dunha pequena presentación clásica, falaremos das viaxes vitais dos nosos protagonistas, desde o urbano ata o rural, e como dúas persoas de mediana idade se deron conta de que a súa verdadeira paixón non era algo que tivesen planeado de nenos. Estas son historias de paixóns descubertas en momentos que lembran que nunca é tarde para perseguir os nosos proxectos de vida.
Falaremos de maneira improvisada sobre a situación da humanidade e o contexto social que nos rodea, tentando imaxinar un mundo mellor. Iso si, queremos que saibades que, aínda que o tema é serio, durante a gravación non bebemos nin unha gota de viño.
Así que, preparádevos para unha boa charla, chea de risas, reflexións e, por suposto, viño. Agardamos que gocedes deste episodio tanto coma nós ao gravalo.
En este episodio suena la canción: Pasiones Profundas de Raul Grillo. Bajo licencia Creative Commons
Podcast: Reproducir en una nueva ventana | Descargar