Sodes benvidas e benvidos a este segundo episodio do Retrato Sonoro de Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego, realizada por Fidel e Emmanuel.
Se escoitaches o primeiro episodio, sabes que tratamos con Manuel de moitos aspectos persoais da súa vida, da súa infancia de aldea, e da percepción sobre a contorna e a nosa relación con ela.
Neste capítulo trataremos máis a súa faceta como responsable do Museo do Pobo Galego e como se realiza a xestión dunha entidade coa importancia, trascendencia, que ten para Galiza esta institución. Falaremos de personalidades da cultura, do desenrolo diario do Museo en canto a persoal, fondos, curiosidades e anécdotas (hai unha de osos moi interesante e simpática).
Finalmente e antes de rematar este episodio falaremos sobre a problemática que existe ao redor do Panteón de Galegos Ilustres e a súa xestión.
Como sempre contamos, este podcast publícase grazas ao espazo que brinda Sons, a edición é de Jordi, os clips de vídeo que se poden ver son seleccionados e editados por Emmanuel e a voz que escoitas ao final do podcast cos métodos de contacto son de Lorena.
Podcast: Reproducir en una nueva ventana | Descargar