Isto, como sabedes as personas que escoitades, é Retrato Sonoro. Un podcast realizado por Fidel Mouzo e Emmanuel Vázquez.
Comezamos con este episodio que demos en chamar “Quin do Américo”, unha nova serie de audios que pensamos poden ser do voso interese. Unha serie de podcasts que xirarán en torno ao mundo do viño.
Imos percorrer un camiño cultural, etnográfico, agrario e empresarial que rodea a esta actividade, a este producto que é o da uva fermentada. E sobre todo, como ven sendo habitual en Retrato Sonoro, dun punto de vista moi persoal e nesta primeira ocasión o noso protagonista chámase Quin Álvarez.
Esta serie de episodios son consecuencia dunha relación moi especial que temos con Jorge Marcote. Quén é Jorge? Non o imos decir porque aparece explicado no audio e xa vos enteraredes vos mesmos.
O que sí vos aclaramos é que habendo protagonistas convidados, o fío será Jorge, en moitas ocasións será él o que conte, o que nos axude, nos guíe sobre o viño. E por iso, este serial sobre persoas ao redor da viticultura será “Da cepa á bodega con Jorge Marcote”.
Agora tócalle a este gran home: Joaquín Álvarez, Quin das Viñas, Quin do Américo é o que nos contará de todo, ao longo destes episodios que imos publicar con regularidade. Anotade o que atoparedes desta persoa no audio que escoitas agora e dos que virán: sabe de viños, do mundo agrario en xeral, pero tamén haberá discotecas, cine, solidariedade, política e empresa.
Neste “Quin do Américo” faremos un percorrido moi breve da súa infancia e inicios profesionais, falamos de variedades de uva no Rosal e sobre todo, tede en conta que arrincamos a tocar temas que serán desenrolados co paso dos episodios.
E chegamos a él porque Jorge Marcote díxolle a Fidel un día: “é incrible que neste mundo tan audiovisual, tan de internet, de chegar a tódolos rincóns, non se coñeza mellor a Quin e as súas historias”.
Pois aquí chega Retrato Sonoro para axudar niso. Pinchade no audio.
Recorda que a edición final, o papel de celofán para facelo bonito é cousa de Jordi. O podcast e publicado baixo o paraugas de Sons, e que a voz que serve case como títulos de crédito finais ao podcast, é a de Lorena.
Podcast: Reproducir en una nueva ventana | Descargar