Skip to content

Episodio 1: «Non emigrei porque quixen defender e traballar no que é noso».

Benvidos a Retrato Sonoro, benvidos ao un novo apartado do serial “Da Cepa á Bodega con Jorge Marcote” que en esta ocasión terá a unha protagonista feminina: Esther Teijeiro Lemos.

Hoxe traemos o primeiro episodio nestes serial de dous capítulos nos que a protagonista será esta octoxenaria en idade, non de espíritu e xa veredes que ser máis especial tivemos a sorte de ter no podcast. No corazón da Ribeira Sacra, no  lugar de Pincelo, Concello de Chantada, na provincia de Lugo traemos unha entrevista única, un tanto peculiar e sobre todo accidentada… escoita para saber máis.

No episodio de hoxe, desde a terra da viticultura heroica, mergullámonos na vida de Esther Teijeiro Lemos, unha personalidade fascinante vinculada ao mundo dos viños. Pioneira en moitos aspectos, pero sobre todo no mundo agrario, viticultor e sobre todo en algo que está moi en boga a necesidade do “ecolóxico” e veredes que Esther é unha absoluta convencida da necesidade deste tipo de productos, incluso no viño.

A entrevista con Esther Teijeiro Lemos é breve polas circunstancias, pero tan rica e diversa, que decidimos dividila en dúas partes distintas.

Neste primeiro capítulo, mergullarémonos na vida persoal de Esther, explorando a súa historia vital, os momentos que a moldearon e as experiencias que a levaron a ser a incrible persoa que é hoxe. Non porque o digamos nos, se non polos recoñecementos alleos e da xente que a aprecia en Chantada, na Ribeira Sacra e en Galiza.

Grazas como sempre ao ausente, desta volta, Emmanuel Vázquez. A Jordi Mirindo por darnos espazo en Sons.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *